Ciclismo… Dámoslle unha oportunidade?


Autor: Guillermo Vidal

imagesComezou o ano e con el a nova temporada ciclista. As probas de máxima categoría mundial xa botaron a andar co Tour Down Under australiano; en poucas semanas estaremos xa metidos de cheo nas clásicas de primavera, e logo o Giro de Italia, o Tour de Francia… e con elas as retransmisións, fundamentalmente, da televisión pública estatal. E á súa vez, con estas e como sucede ano a ano, non van faltar nas redes sociais as reiterativas alegrías de moita xente (a maioría?) polo feito de poderen durmir a sesta con máis facilidade. Máis alá da parte de chiste e da parte de realidade que encerra este feito, está claro que é un sentir bastante común que o ciclismo é aburrido, que non ten emoción e, como tal, só vale para durmir a sesta.

Pero vexamos que pasa noutros deportes tamén televisados frecuentemente, aínda que coa fama máis intacta. Na Fórmula 1 non é tan raro atopar unha carreira de hora e media que remata practicamente como empezou na grella de saída e con distancias de 10 segundos para arriba entre os favoritos. Se, pola contra, buscamos a emoción no fútbol podémola atopar, aínda que é innegable que se somos afeccionados ós dous principais equipos da liga española as máis das veces esa empresa non é doada -estoume referindo ós partidos que “rematan” no minuto 20 e que acaban cunha goleada-. E que sucede se nos gusta o tenis, ou o baloncesto? Non negaremos que estes partidos poden chegar a ter gran emoción, mais tamén é difícil negar que neles hai máis tempo de xogo parado que de tempo real de xogo. E é que o tenista seleccionando as bólas e logo botando nelas durante medio minuto debe desesperar a calquera que non lle guste o tenis, o mesmo que os tempos mortos e as continuas faltas tácticas dos últimos minutos empatados do baloncesto a quen non lle gusta este deporte.

Agora ben, cando suceden estas cousas nestes deportes non parece que nos moleste en absoluto. Seguimos sendo tan afectos a eles coma sempre, seguimos emocionándonos e chiando no twitter con eles, e por suposto non durmimos a sesta con eles, nin tan sequera o insinuamos como chiste. E non obstante, o ciclismo parécenos aburrido. Ben. A ver, falemos claro. Recoñezamos que o que realmente sucede é que o ciclismo nos parece aburrido porque non o entendemos. Vale, non é doado recoñecelo, pero a fin de contas si, durmimos a sesta co ciclismo porque non lle demos unha oportunidade, porque o vemos durante 10 minutos, todo parece tranquilo e monótono e só parece haber unhas ducias de ciclistas dando un paseo e claro, como ademais adoitan televisalo en verán co caloriño no sofá, dános o sono. Non sabemos o que é un sprinter, nin un clasicómano, nin un abanico, nin un gregario, nin como funcionan as distintas clasificacións (empezando pola xeral), nin entendemos como o mesmo ciclista pode ganar 6 etapas das 20 que ten o Tour ou a Vuelta e acabar entre os 10 últimos clasificados.

O deporte é coma a música, ou coma o cine, ou coma a literatura. Se non poñemos un mínimo de esforzo, gustarannos toda a vida os mesmos poucos deportes. Que non é que estea mal. Pero dálle unha oportunidade ó ciclismo e, as próximas veces que o televisen, aguanta o sono. Fíxate ben en todo, escoita o narrador, observa ben as clasificacións e aprende como funcionan as cousas que non entendes. Se cadra descobres que ten tanta ou máis emoción que os deportes que che gustan. E de paso, se cadra tamén non volves durmir con el.

Anuncios

Autor: MBA Deporte

MBA impartido en la Facultad de Ciencias Empresariales y Turismo del Campus de Ourense. Único programa oficial de posgrado sobre esta temática en Galicia y uno de los pocos en España. Incluído en el Top20 del Ranking Mundial de Masters en Sport Management elaborado por Sport Business International.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s